"cuberta"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Aquilo que se coloca sobre unha cousa para tapala ou resgardala.

    2. Estrutura que, colocada sobre un edificio, o protexe das inclemencias do tempo.

    3. Folla de papel ou doutros materiais coa que se cobre o lombo e os costados dun libro.

    4. Parte externa do pneumático que cobre a cámara.

    5. Plataformas que se estende horizontalmente ao longo da eslora e a manga dun barco.

    6. Pel que se coloca entre o xugo e a mulida para que o primeiro non roce no animal, ou a que se pon enriba do xugo para protexelo da chuvia.

    7. Acto de cubrir un animal macho á femia.

    8. Protección que resgarda un obxectivo militar da vista ou do fogo do inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cubrir.

    2. Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.

    3. Construción ao pé da casa ao abrigo da intemperie, onde se pode estar ou ter diversas cousas, especialmente os aveños de labranza.

    VER O DETALLE DO TERMO