"cortina"
Amosando 2 resultados de 2.
-
-
Peza de tecido, xeralmente de tea, que se pendura diante das portas ou fiestras como adorno, abrigo ou protección.
-
-
Aquilo que limita a visión de algo ou que agacha algunha cousa.
-
Neboeiro ou bruma artificial que se coloca entre as forzas propias e o inimigo co fin de ocultarse do mesmo.
-
-
Parte recta da muralla que, nunha fortificación, une os costados de dous baluartes ou torres consecutivas.
-
Conxunto de filamentos procedentes do veo parcial que aparecen no carpóforo cando o sombreiro abre. É unha característica das cortinariáceas.
-
Lámina metálica móbil do obturador das cámaras fotográficas SLR, que protexe a película durante o enfoque e o cambio de obxectivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo próximo á casa, xeralmente cercado e de pequeno tamaño, dedicado especialmente ao cultivo de cereais, legumes ou patacas.