Amosando 2 resultados de 2.
Acción e efecto de cortar ou cortarse.
Lado afiado dun instrumento que corta.
Arte de cortar as pezas de vestir.
Unión entre as táboas que conforman os costados do barco.
Sección dun edificio, que permite a análise das súas partes e dos seus elementos.
Dirección dunha xunta da cabeza dunha doela que é oblicua respecto ao arco.
Corte moi fino dun tecido que se realiza mediante un micrótomo e que permite a súa observación a través do microscopio.
Representación esquemática da sección dunha zona da codia terrestre que permite ver o perfil topográfico e a estrutura xeolóxica.
Dependencia da casa tradicional que serve de dormitorio aos animais.
Conxunto de persoas formado polo soberano e aqueles que o acompañan e que constitúen, polo habitual, a súa familia, o seu servizo e a súa comitiva.
Lugar no que reside o soberano e onde radican os organismos centralizados do goberno dunha monarquía.
Edificio no que reside a asemblea lexislativa.