Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade.
Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.
Composición musical de carácter relixioso destinada a ser cantada en coro. Usárona sobre todo as igrexas reformadas alemanas nos seus oficios litúrxicos para promover a miúdo a participación dos fieis, por iso tamén recibe o nome de coral luterana.