Corpo limitado polo plano, que contén a base, e pola superficie formada por todos os segmentos que teñen un dos seus extremos nun punto chamado vértice e o outro nun dos puntos da base. O volume dun cono calquera de altura h e de base de área B é V=Bh/3.
Sólido formado pola parte dun cono comprendida entre a base e unha sección transversal. OBS: Tamén se denomina troncodecono.
Célula neuroepitelial especializada na recepción de estímulos de luz cromática que, xunto cos bastóns, forman o neuroepitelio da retina.
Estróbilo ou piña das coníferas.
Elemento de sinalización de forma cónica.
Forma de relevo sedimentario constituída por materiais aluviais nunha ruptura de pendente.
Depósito sedimentario orixinado pola acumulación dos materiais arrastrados por un torrente na súa desembocadura.
Forma de relevo cónica, máis ou menos irregular, constituída por materiais efusivos procedentes do interior da terra que se acumulan ao redor do cráter.