"coma"
Amosando 4 resultados de 4.
-
-
Cadro clínico que se caracteriza por unha perda profunda da consciencia, con imposibilidade de espertar o paciente malia que o estimulen. Prodúcese cando se altera a interacción normal entre os hemisferios cerebrais e o sistema reticular activador do tronco.
-
Estado de coma de meses ou anos de evolución nos que o paciente presenta unicamente unha vida vexetativa.
-
Estado de coma que conduce irremediablemente á morte cerebral.
-
Coma en que o enfermo, inconsciente, permanece cos ollos abertos e fixos e coa cara inexpresiva.
-
-
-
Aberración xeométrica que provoca que a imaxe dun obxecto puntual afastado do eixe óptico non sexa un punto, senón unha figura en forma de cometa.
-
Cabeleira dun cometa.
-
Grupo de follas ou de brácteas situadas no alto de certas inflorescencias e infrutescencias.
-
-
-
-
Signo de puntuación (,) que marca unha pequena pausa de pouca duración que se produce dentro dun enunciado.
-
Signo matemático, que ten a mesma forma ca o signo de puntuación que se emprega para separar, nunha fracción decimal, a parte decimal da parte enteira.
-
-
-
Intervalo de fraccións do ton. Considérase o intervalo de ton enteiro dividido en nove comas (dez, segundo algúns) e tamén se aplica a algunhas outras fraccións de ton.
-
Signo (’) indicador das respiracións ou das pequenas separacións de sentido, na notación da música vocal e instrumental.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Une dous elementos entre os que se establece unha comparación de igualdade. OBS: Só pode utilizarse cando a expresión ten valor comparativo e non modal.