"cobra"

Amosando 2 resultados de 2.

      1. Serpe, da familia dos colúbridos, coa cabeza cuberta de grandes escamas, a pupila habitualmente redonda, con escamas pequenas no dorso e nos costados e grandes no ventre. Algúns casos presentan dentes acanalados que inoculan veleno.

      2. Cobra do xénero Natrix que vive asociada a medios acuáticos.

      3. Cobra que presenta o dorso de cor variable e lisa, verde ou acastañada, o ventre branco con manchas negras e cadradas.

      4. Cobra co dorso e cos laterais do corpo acastañados, parda ou verdosa, salferido de amarelo, sobre todo na zona central.

      5. Cobra co ventre alaranxado ou amarelo e co dorso claro con grandes manchas negras, redondas ou romboidais. Na cabeza presenta unha mancha negra en forma de U.

      6. Cobra do xénero Coronella de tamaño moderado, que se caracteriza por presentar unha liña escura desde o ollo ata o pescozo.

      7. Cobra que posúe cabeza grande, estreita e bastante alta, coas escamas supraoculares moi anchas. O dorso é verde oliva ou cinsento, coa cabeza e o pescozo máis claros e o ventre de cor clara con manchas negras. OBS: Tamén se denomina cobregón.

      8. Cobra de fociño agudo, corpo groso e longo, co dorso de cor amarelada ou parda, con dúas liñas escuras paralelas e lonxitudinais.

      9. Cobra co dorso pardo cinsento e cun deseño en zigzag máis escuro, ventre reticulado e iris amarelo ou alaranxado.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das unidades rítmicas e melódicas (estrofas) que compoñen a cantiga.

    2. Cobra que presenta un mesmo esquema rimático, de xeito que a disposición das rimas coincide nas cobras pares e nas impares.

    3. Cobra en que se repite a rima do verso final dunha delas no primeiro da seguinte.

    4. Cobra en que se vincula o verso inicial de dúas ou máis cobras por medio da anáfora.

    5. Cobra en que se repite a parte final do derradeiro verso dunha cobra no inicio da seguinte.

    6. Cobra que posúe o mesmo esquema rimático e as rimas coincidentes en cada parella de estrofas.

    7. Cobra en que as súas rimas se repiten na seguinte en orde inversa.

    8. Cobra que posúe o mesmo esquema rimático pero presenta rimas distintas en cada unha delas.

    9. Cobra que ten unha distribución de rimas idéntica en cada grupo de tres estrofas.

    10. Cobra que presenta as mesmas rimas e distribúense do mesmo xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO