"cimbro"

Amosando 3 resultados de 3.

    1. Parte elevada dun monte.

    2. Armazón de madeira ou doutro material levantado para construír ou arranxar arcos ou bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou árbore, da familia das cupresáceas, de casca e cor avermellada, con follas aciculiformes perennifolias, cunha franxa branca no revés, dispostas en verticilos. As árbores femininas levan as piñas globulosas, formadas por escamas soldadas cunha coloración negra cando están maduras, que constitúen os froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo xermánico dos cimbros.

    3. Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).

    4. Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.

    VER O DETALLE DO TERMO