"cimbra"
Amosando 3 resultados de 3.
-
-
Parte máis elevada dun monte.
-
-
Armadura de diferentes materiais que, coa curvatura adecuada, se levanta para soster unha bóveda durante a súa construción ou para suxeitar as doelas dun arco mentres non se coloca a clave.
-
Curvatura interna dun arco ou dunha bóveda.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cimbrar.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.
-