Amosando 2 resultados de 2.
Reproducir coa voz unha melodía. Tm v i.
Loar de forma literaria algunha cousa ou a alguén.
Proclamar en alta voz, no xogo do bingo, que se completou unha liña ou o cartón enteiro.
Facer, nalgúns xogos de cartas, como o tute, corenta ou vinte puntos.
Declarar ou confesar cousas que se deberían manter en segredo.
Emitir o seu canto as aves, os insectos e outros animais.
Producir unha cousa un son peculiar ou característico.
Composición cantada.
Composición poética formada por unha estrofa de catro versos de arte menor con rima asonante nos pares.
Poema narrativo medieval en lingua románica, centrado en feitos históricos con moitos elementos lendarios que era divulgado polos xograres.
Composición coñecida como xaneira, anibón e panxoliña que presenta unha estrutura simple e que era executada por rapaces e mozos diante das casas.
Canto propio dos arrieiros caracterizado por ter un ritmo lento e monótono.
Canto de melodía monótona e ritmo suave, que se emprega para facer durmir os nenos.
Canto entoado por persoas que traballan nos labores de erguer pedra, que se caracteriza por conter vocabulario da xerga dos canteiros.
Canto entoado polos cegos en festas e romarías acompañado por un violín ou por unha zanfona. OBS: Tamén se denomina romance de cego.
...