Documento pontificio relativo á materia de fe ou de interese xeral, expedido pola chancelaría apostólica con carácter executivo e acompañado do selo papal estampado en tinta vermella.
Bula asinada cun selo dourado en documentos papais de grande importancia.
Bula outorgada polos papas desde o s XI que concedía indulxencias, privilexios e grazas a aqueles que loitaron na Península Ibérica contra os musulmáns.
Bula que dispensaba de facer vixilia.
Bula outorgada polo comisario xeral da Cruzada aos posuídores de bens alleos cando non consta o propietario dos mesmos.
Bula que se tomaba para aplicar a un defunto as indulxencias marcadas na mesma.
Selo pontificio impreso en chumbo, co nome do papa nunha cara e a representación das cabezas de san Pedro e san Paulo na outra.
Peza de chumbo ou de ouro, plana e gravada, que se penduraba como selo das misivas oficiais e doutros documentos.