"bufo"

Amosando 4 resultados de 4.

    1. Acción e efecto de expulsar o aire polo nariz facendo ruído.

    2. Peido sen ruído.

    3. Cogomelo do xénero Lycoperdon que está constituído por unha frutificación de forma piriforme, que cando madurece deixa saír, a través dun poro apical, as esporas pulverulentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de gran tamaño, que adoita presentar penachos na parte superior da cabeza semellantes ás orellas. A plumaxe é de cores crípticas e o seu voo é silandeiro e pousado.

    2. Bufo que presenta formas de tonalidades distintas, que van desde a cor da area ata o marrón escuro, dependendo do ambiente onde vive.

    3. Bufo que constitúe a maior das rapaces nocturnas europeas. Está presente en Eurasia e norte de África, asociado á dispoñibilidade de coellos.

    4. Bufo que se distingue pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas.

    5. Bufo que vive en zonas arboradas con claros e prados. Aliméntase principalmente de roedores.

    6. Bufo de patas espidas de penuxe e longas uñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de pelo ou barba que teñen as espigas.

    2. espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca risa con ditos ou feitos.

    2. Persoa que interpreta un repertorio de carácter cómico ou humorístico na ópera italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO