"bolsa"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Saco de material flexible con abertura única por arriba que serve para gardar ou levar obxectos.

    2. Inflamación na pel provocada por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.

    3. Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.

    4. Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco.

    5. Axuda económica que se outorga para facilitar a formación dunha persoa.

    6. Saco anatómico que durante a xestación envolve o feto e facilita a súa expulsión no parto.

    7. Porción de aire atmosférico, menos denso ca o circundante, que provoca nas aeronaves un descenso brusco se non é compensada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mercado organizado e abstracto, no que se reúnen profesionais, para realizar compras e vendas de valores ou produtos.

      2. Entidade onde conflúen as ofertas e demandas de traballo.

      3. Espazo público onde se realizan operacións sobre valores mobiliarios a prezos determinados polas leis da oferta e da demanda, mediante as transaccións de valores de renda variable (accións), fixa (obrigacións) ou pública (entre eles os da débeda pública) e dos dereitos de subscrición destes valores.

    1. Edificio público, onde se realizan operacións comerciais como a compra e venda de accións ou valores financeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO