"bolo"

Amosando 3 resultados de 3.

    1. Porción de masa de calquera substancia de forma arredondada.

      1. Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo.

      2. Peza de pan esponxoso, feito xeralmente con fariña, leite e ovo, con forma de molete.

    2. Grumo que se forma nunha substancia mal diluída ou porción arredondada que se forma nun líquido ao callar.

    3. Avultamento que se orixina nunha superficie debido a un golpe.

    4. Bolo de fariña de millo, cocido co caldo, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cilindro vertical que está colocado nunha armazón.

    2. Canto de cuarcita, sobre o que descansa o rodicio do muíño fariñeiro.

    3. Masa que forman os alimentos despois de mastigados e insalivados, que se deglute dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño, da familia dos ammodítidos, que presenta unha única aleta dorsal e anal e unha aleta caudal, e carece de aletas pelvianas que se emprega habitualmente como cebo, pero tamén se destina para consumo humano.

    2. Bolo, cunha mancha escura a cada lado do fociño.

    3. Bolo, de cor parda areosa nas costas e cos flancos amarelentos.

    VER O DETALLE DO TERMO