"aglomerante"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Definicións que inclúen a palabra que buscas

    1. Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.

    2. Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material aglomerante de consistencia sólida ou semisólida, constituído na súa maior parte por betúns naturais ou obtidos como residuo da destilación do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia pegañenta de cor vermella escura, bastante densa, que se obtén da destilación do alcatrán. Úsase como aglomerante e como impermeabilizante en pinturas e para calafatear barcos.

    2. Mestura de cola, sebo e aceite que se emprega para calafatear e pintar madeira e enxarcias.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios