viña
viña
voz sánscrita
s
f
Campo plantado de vides ou cepas.
Refráns
- " Nin arca sen chave nin viña sen quen a garde.
- A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
- A vendima, enxoita e fría.
- A viña ao pe do camiño ten mal veciño.
- A viña de bo amo pódase en marzo.
- A viña do ruín pódase en abril.
- A viña e o poldro, que os críen outros.
- A viña gárdaa o medo, máis ben que o viñadeiro.
- A viña vella quere amo novo.
- A viña, ande haxa xeada; a terra, ande haxa auga.
- Cáveme quen queira, pódeme quen "seipa" -díxolle a cepa á terra.
- Cáveme quen queira, pódeme quen saiba, bímeme calquera, cóideme o meu amo.
- Cáveme quen quixer e pódeme quen souber.
- Coida ben a viña e terás vendima.
- Máis garda a viña o medo que o viñadeiro.
- Na viña doutro ninguén pode ir escoller.
- Na viña vendimada calquera pode vendimar.
- Nin viña ao pe do camiño nin casa á beira do río.
- Nin viña no baixo nin trigo no cascaIlo.
- Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón.
- Nunca De faIta achaque ao viño: no verán pola calor e no inverno polo frío.
- O día de Santa Mariña vai á túa viña que, como a atoparás, así a vendimarás.
- O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima, el a vendima.
- O que cava e bima fará boa vendima.
- O que non bima, non vendima.
- O vello pranta a viña e o vello a vendima.
- Para viña vella, amo novo.
- Poda a viña en marzo para cavala en maio.
- Pola santa Mariña vai ás túas viñas e cal as tes, tal as vendimas.
- Pola santa Mariña vai ver a túa viña e, cal a cates, tal a vendimas.
- Polo san Mateo vendima arreo.
- Polo san Mateu, vendima ti, vendimarei eu.
- Por marzo a cava, por marzo a poda, por marzo vólvese a viña toda.
- Quen cava ca demo a viña, co demo a vendima.
- Vai ver se a túa viña reluz o día da santa Cruz.
- Viña entre viñas e casa entre veciñas.
- Viña que non se poda despacio dará poucos e ruíns acios.
- Viña, pereira e fabal, malos son de gardar.
- Viñas, cantas bebas; terras, cantas vexas.