"Tangañika"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Definicións que inclúen a palabra que buscas

    1. Relativo ou pertencente aos bembes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo bembe.

    3. Pobo do NO de Zambia e da zona fronteiriza de Katanga, no territorio que se estende desde a rexión do lago Moero ata a costa SO do lago Tangañika.

    4. Lingua bantú da familia níxer-congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo cuxita.

    2. Individuo do antigo pobo cuxita.

    3. Pobo africano, influído pola cultura exipcia, que se desenvolveu nas chairas do Nilo a partir do II milenio a C.

    4. Grupo de linguas afroasiáticas, entre as que se inclúen o bexa, o saho, o afar e o somalí, que se falan nunha rexión que se estende desde Bāb al Mandab ata Kenya, e desde o deserto de Exipto ata Tangañika.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas khoisan.

    2. Familia de linguas africanas, faladas ao SO, S e L de África polos khoikhois, os sans, os hadzapis e os sandawes (en Tangañika) que se caracteriza pola presenza de consoantes implosivas ou clics.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios