"Siberia Occidental"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Definicións que inclúen a palabra que buscas

    1. Relativo ou pertencente ao Andronoviano.

    2. Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urais, entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kipchak.

    2. Individuo da confederación de tribos kipchaks.

    3. Confederación de tribos nómades turcófonas, orixinarias probablemente de Siberia Occidental, que ocuparon a estepa ao N do mar Negro durante o s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ostíacos ou a súa lingua.

    2. Individuo do pobo ostíaco.

    3. Individuo dun pobo de raza sibírida que habita en Siberia, na rexión comprendida entre ambas as dúas beiras do Obi, no okrug nacional dos khantis e dos mansis.

    4. Lingua urálica, falada en Siberia occidental, que forma co vogul o grupo das linguas ugrias do Obi.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios