razón

razón

lat ratĭōne

Plural: razóns
  1. s f

    Facultade de razoar ou de discorrer pola intelixencia.

  2. s f

    Acerto ou certeza no que se di ou fai.

  3. s f

    Argumento válido ou xusto para dicir ou facer unha cousa.

  4. s f

    Cousa que determina unha acción ou a existencia de algo.

  5. s f

    Información ou explicación dunha cousa.

  6. s f

    Aviso que se lle notifica a alguén para que o transmita a outra persoa.

    1. s

      Cociente entre dúas cantidades.

    2. s

      Diferenza constante que hai, nunha progresión aritmética, entre dous termos consecutivos.

    3. s

      Cociente constante que hai, nunha progresión xeométrica, entre dous termos consecutivos.

    4. razón de semellanza

      Razón entre as lonxitudes dos elementos correspondentes de dúas figuras xeométricas semellantes.

  7. razón social [DER ]

    Firma ou denominación oficial dunha empresa.

Refráns

  • A mala razón deixa a roupa sá e esgaza o corazón.
  • A razón do máis forte é sempre a mellor razón.
  • A razón moito pode.
  • A razón non quere forza Iporque a ten de sobra.
  • A razón non quere forza nin a forza quere razón.
  • A razón non ten máis ca un camiño.
  • A razón patea e a razón porfía.
  • A razón ten moita forza.
  • As boas razóns cautivan os corazóns.
  • Di a túa razón e non digas o autor.
  • Di que tiveches razón e non digas quen cha dou.
  • Onde está a razón, ela mesma é o galardón.
  • Onde vexas a razón, alí está o galardón.
  • Para a razÓn sobra o galardón.
  • Razóns gañan corazóns.

Palabras veciñas

razoador -ra razoamento razoar razón razzia Rb rd