"Raia"

Amosando 2 resultados de 2.

      1. Liña delgada e longa que se traza sobre unha superficie.

      2. Marca que queda nunha superficie.

      3. Franxa longa e estreita que se diferencia das adxacentes pola cor ou a forma.

      4. Sinal que queda ao separar os cabelos ao peitealos, dispoñéndoos a un lado e a outro.

      5. Signo de puntuación que consiste nun trazo horizontal máis longo ca o guión.

    1. Límite dun territorio, comarca, rexión ou país.

    2. Pequeno momento en que loce o sol entre dúas chuvieiras.

    3. Límite dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peixe cartilaxinoso que ten o corpo en forma de disco, a cola fina e longa, con dúas pequenas aletas dorsais no extremo, a aleta caudal reducida e a boca con placas dentarias ou pequenos dentes afiados.

      2. Peixe, da familia dos raíidos, que presenta un fociño apuntado, marxes anteriores do disco cóncavas e de cor cinsenta con pequenas manchas claras na parte superior.

      3. Peixe, da familia dos raíidos, que ten o disco romboidal, coas marxes anteriores onduladas, fociño obtuso e saínte e un dos aquillóns inserido no espazo intermedio.

      4. Peixe, da familia dos raíidos, que ten o disco arredondado coas marxes anteriores onduladas, a parte superior do disco de cor acastañada con manchas escuras e puntos brancos, e o fociño obtuso.

      5. Peixe, da familia dos raíidos, co disco arredondado lateralmente, de cor acastañada e con dentículos na maior parte da súa superficie.

    1. tremedeira xaspeada.

    VER O DETALLE DO TERMO