"Quinta"

Amosando 3 resultados de 3.

  • Propiedade rural composta de casa e terreo de labradío que pagaba de renda unha quinta parte dos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intervalo de cinco graos da escala diatónica que ten tres formas diferentes: a xusta, a aumentada e a diminuída.

    2. Sistema de recrutamento que obrigaba á incorporación da quinta parte dos homes ao exército, despois de realizar un sorteo.

    3. Moeda de ouro de 25 pesetas cuñada en nome de Afonso XII, en 1881.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número cinco nunha serie.

    2. Que equivale a cada unha das porcións que resulta de dividir un todo en cinco partes. Tm s m.

    3. recruta.

    4. Botella de cervexa que equivale a 1/5 de litro.

      1. Beneficio que, a modo de dereito, percibía un señor ou un monarca sobre as vendas ou concesións e que se correspondía cunha quinta parte do valor das mesmas.

      2. Tributo percibido pola Coroa de Castela desde a época medieval, que correspondía á explotación das minas dos seus dominios.

    5. Moeda castelá, referida ao ordenamento de 1373, concedido polo rei Enrique II de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO