"Porto"

Amosando 2 resultados de 2.

      1. Abrigo natural ou artificial, nunha costa ou á beira dun río, onde permanecen seguros os barcos e se poden efectuar as operacións de embarque e desembarque das persoas e mercadorías.

      2. Poboación á beira do mar ou dun río, con instalacións onde as naves poden ir cargar e descargar mercadorías.

      3. Porto que presenta unha disposición natural modificada polo ser humano e no que se realizan obras exteriores de abrigo, como ampliación dun abeiro natural.

      4. Porto que ofrece aos barcos as instalacións adecuadas para poder efectuar as operacións de embarque e desembarque en boas condicións.

      5. Porto que permite o abrigo de embarcacións deportivas ou de recreo.

      6. Porto que serve para ofrecer abrigo ás embarcacións sorprendidas polo mal tempo no mar.

      7. Porto que ofrece abeiro ás embarcacións pola mesma disposición natural da costa.

    1. Paso entre montañas que comunica as dúas vertentes.

    2. Lugar por onde se pode atravesar un río.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dos viños das zonas comprendidas entre os ríos Douro e Corgo, en Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO