parte

parte

lat parte

Plural: partes
    1. s

      Cousa que, xunto con outra ou outras, se integra nun todo.

    2. parte decimal [MAT ]

      Diferenza entre x e o enteiro inmediatamente inferior a el en valor absoluto, nun número real calquera x.

    3. parte enteira [MAT ]

      Número enteiro inmediatamente inferior a x en valor absoluto, nun número real calquera x.

  1. s f

    Conxunto de elementos que forman un todo.

  2. s f

    Cada unha das divisións que se establecen nunha cousa.

  3. s f

    Obra completa que está relacionada con outra ou con outras coas que forma unha unidade.

  4. s f

    Punto ou rexión do espazo.

  5. s f
    1. Cada unha das persoas ou grupos que participan nunha loita, disputa ou outra actividade.

    2. Cada unha das persoas que teñen intereses diferentes nun asunto común.

    3. [DER ]

      Persoa ou suxeito nunha relación xurídica.

    4. [DER ]

      Persoa que preitea como demandante ou como demandado.

  6. s f
    1. Aquilo que corresponde a unha persoa cando se distribúe unha cousa.

    2. [ESPECT ]

      Papel representado por cada actor.

  7. s f pl

    Órganos xenitais externos.

  8. s m

    Comunicación breve que se envía para dar unha noticia urxente.

  9. s m

    Comunicación que se transmite por telégrafo, teléfono, radio ou televisión.

Confrontacións

lado

Citas

  • A segunda parte do discurso foi a que máis me gustou, Dividiu o biscoito en oito partes
  • Ao longo do día estendeu varios partes médicos
  • Dádelle a cada un a súa parte, Reclaman a súa parte da herdanza
  • Esta parte do motor é a que está avariada, Desfixo o moneco en cantas partes puido
  • Fixo unha foto dunha parte do xardín, A unha parte do equipo non lle gusta o novo adestrador
  • Gañou as eleccións o representante da parte crítica do partido
  • Non podo opinar porque son parte interesada no proceso
  • O xefe pediulle un parte co estado do almacén
  • Oían o parte co transistor pegado á orella, Xa ofreceron o parte meteorolóxico
  • Os xornalistas esperaban o parte de guerra
  • Para defenderse deulle unha patada nas partes
  • Por que non imos tomar un café a algunha parte? O vento sopra da parte do poñente, Por esta parte a casa é máis luminosa
  • Publicaron a última parte da triloxía sobre o mundo celta

Frases feitas

  • En parte loc adv Non enteiramente.

  • Por partes. Gradualmente. Ex: Fixemos o traballo por partes.

  • 2 loc prep En nome ou por encarga de. Ex: A orde veu de parte da directora. Tr

  • 2 loc prep Excepto. Ex:

  • 2 Denunciar algo

  • Dar parte 1 Notificar algo. Ex: Non deu parte aos seus superiores e foi amoestado.

  • De parte a parte loc adv Dun lado ao outro oposto. Ex: Atravesou a orella de parte a parte.

  • De parte de 1 loc prep En favor de. Ex: Espero que esteas de parte del.

  • Dun tempo a esta parte. Desde hai alg

  • Dunha parte... doutra parte/por unha parte... por outra parte. Desde un determinado punto de vista. Ex: Por unha parte quero ir, pero por outra parte non sei se debo.

  • Parte por parte. Sen omitir nada.

Formas incorrectas

aparte (separado)