"Palmeira"

Amosando 3 resultados de 3.

    1. Planta da familia das arecáceas, que consta dun tronco ou estípite simple e esvelto, coroado por un penacho de follas grandes pinnatisectas ou palmatisectas.

    2. Árbore da familia das arecáceas, normalmente baixa, que presenta follas en forma de abano, pecíolos provistos de espiñas ferintes, flores en acios e froitos semellantes aos dátiles.

    3. Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco fino, follas pinnadas, glaucas e de pecíolo con espiñas amareladas, flores dispostas en réxime e froitos (dátiles) que son bagas monospermas e comestibles.

    4. Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco groso, follas pinnadas dun verde escuro brillante, moi numerosas e de pecíolo moi curto, flores dispostas en réxime e froitos elipsoidais en baga monosperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á illa de La Palma ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de La Palma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se apoia nos pés para andar.

    2. Peregrino que regresaba de Terra Santa e que traía palma como proba e sinal de ter feito o camiño.

    VER O DETALLE DO TERMO