"Pa"

Amosando 2 resultados de 2.

      1. Utensilio formado por unha lámina de madeira ou prancha de ferro, de forma rectangular, trapezoidal ou curva, cunha certa concavidade e co mango cilíndrico, destinada a recoller, trasladar ou remover algunha materia sólida, pastosa ou poeirenta.

      2. Paleta longa e estreita que empregan os albaneis para introducir o morteiro entre as pedras unha vez calzadas e dispostas no paramento.

      3. Máquina destinada a mover materiais soltos, que consiste basicamente nun chasis automotor montado sobre pneumáticos e provista, na parte frontal, dunha culler, montada sobre uns brazos articulados, movidos mediante cilindros hidráulicos.

    1. Cantidade de calquera cousa que cabe nunha pa.

    2. Utensilio máis pequeno de forma semellante a unha pa.

      1. Parte máis ampla e xeralmente de menos grosor dalgunhas cousas.

      2. Parte máis ampla e fina do remo.

      3. Parte dianteira do esquí, que forma unha curva e ten menos grosor.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo do pascal.

    2. Símbolo do protactinio.

    VER O DETALLE DO TERMO