"O"

Amosando 4 resultados de 4.

    1. Décimo cuarta letra do alfabeto galego, denominada o.

    2. Grafía que representa o fonema vocálico posterior ou velar medio aberto /ɔ/ ou medio pechado /o/.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acompaña nomes que presentan algo ou a alguén xa coñecido.

    2. Acompaña nomes que designan en xeral a todos os membros da mesma clase ou especie. OBS: O artigo determinado o(s), a(s), denominado tamén primeira forma do artigo, pode presentar as variantes lo(s), la(s), as segundas formas do artigo. Estas segundas formas do artigo son de uso obrigatorio coa preposición por e o advervio u. O artigo determinado tamén contrae coas preposicións a (ao/ó, á, aos/ós, ás), con (co(s), coa(s)), de (do(s), da(s)), en (no(s), na(s)), e tamén pode contraer coa conxunción comparativa ca (ca o(s), ca a(s), có(s), cá(s)).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sigla de oeste. OBS: Emprégase tamén a sigla W.

    2. Símbolo do osíxeno.

    3. Quinta órbita de electróns que rodea o núcleo dun átomo.

    VER O DETALLE DO TERMO