"Mosquito"

Amosando 3 resultados de 3.

      1. Nome dado a diferentes insectos dípteros, da familia dos culícidos e semellantes.

      2. Insecto díptero, do xénero Anopheles, da familia dos culícidos. Habitan nas augas quedas, doces ou salobres. Os adultos machos nútrense de sucos vexetais; as femias son hematófagas e son os axentes vectores do paludismo no home e noutros vertebrados. Son abundantes en climas cálidos e húmidos.

      3. Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnívoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.

    1. Nome que reciben moitos insectos da suborde dos nematóceros.

    2. Nome que reciben diversos insectos da familia dos tiflocídidos. Son de pequeno tamaño e parasitos de cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión bimotor empregado durante a Segunda Guerra Mundial como aparato de bombardeo e de asalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mosquito.

    2. Individuo do pobo mosquito.

    3. Pobo amerindio que habita na zona costeira de Honduras e de Nicaragua.

    VER O DETALLE DO TERMO