"Lepus"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Definicións que inclúen a palabra que buscas

      1. Mamífero do xénero Lepus, da familia dos lepóridos, con patas e orellas bastante longas, tendo estas últimas os extremos negros.

      2. Lebre de cor parda amarela cunha zona branca no ventre. Presenta unha franxa clara distintiva na cara, entre os ollos e a parte inferior das meixelas. Atópase unicamente na Península Ibérica.

      3. A maior das lebres presentes na Península Ibérica, que chegou a medir 55,8 cm de corpo e pesar 4,4 Kg. Distribúese pola maior parte de Europa e parte de Asia, con excepción de Escandinavia, norte de Rusia e illas Británicas.

      4. Lebre de pelaxe parda, con tons amarelos no lombo, e branca no ventre. Posúe unha mancha branca na parte posterior das extremidades. Ten hábitos nocturnos e solitarios, e a súa alimentación consiste basicamente en poáceas. É un endemismo ibérico.

    1. Molusco gasterópodo, da familia dos aplísidos, de forma maciza e co dorso moi alto e con dous pregamentos dérmicos do manto que o recobren completamente xunto coa cuncha. Habita sobre rochas cubertas de algas das que se alimenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios