"Leis"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

    2. Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.

    3. Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.

    4. Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.

    5. Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.

    6. Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.

    7. Lei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.

    8. Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.

    9. Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO