Instrumento aerófono que na súa forma máis simple está constituído por un tubo melódico, chamado punteiro, unido a un pequeno saco onde se almacena o aire, chamado fol e un tubo por onde se introduce o aire, chamado soprete. Foi evolucionando desde a forma máis primitiva e na Idade Media incorporáronselle diferentes elementos para mellorar a súa musicalidade: o roncón, que proporciona un baixo continuo, o ronquillo, que emite a nota dominante do punteiro, pero unha oitava máis baixa, e o chión, que completa o acorde da tonalidade da gaita.
Sentinela ou amigo do namorado, na poesía trobadoresca, que anuncia, a el e á súa amante, a chegada da alba. Relaciónaselle tanto coa separación como coa protección dos amantes.