Crenza absoluta que se ten en algo sen necesidade de ter probas ou evidencias.
Adhesión persoal a Deus, a unha relixión, a unha realidade ou a un ideal que se toma como sentido último da propia existencia.
Crenza relixiosa baseada en dogmas indubidables que os fieis aceptan porque proveñen dunha autoridade divina ou relixiosa que é considerada infalible.
Conxunto das crenzas dunha relixión ou das doutrinas dunha persoa ou grupo.
Confianza que se ten en algo ou alguén ou nas súas posibilidades.
Autoridade lexítima atribuída aos notarios, cónsules, secretarios de xulgados e de tribunais e outros funcionarios pola que os documentos que certifican se consideran auténticos a todos os efectos.