"Escorpión"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Calquera arácnido da orde dos escorpións.

    2. Orde de arácnidos terrestres, de corpo dividido nun prosoma anterior, cuberto por unha cuncha, e nun opistoma posterior, segmentado e dividido nun preabdome de sete segmentos, nunha cola estreita cilíndrica de cinco segmentos e un aguillón rematado en punta. O primeiro par de patas presenta pinzas que empregan para aferrar as presas.

    3. Percebella acuática, da familia dos népidos, caracterizada por presentar o primeiro par de patas modificado para apreixar os pequenos animais dos que se alimenta. A maioría presentan no extremo do abdome un tubo respiratorio, moi longo e fino, que manteñen por riba da superficie da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que naceu baixo o signo zodiacal de Escorpión. Tm s.

    2. Oitavo signo do zodíaco que abrangue os nados entre o 23 de outubro e o 21 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO