"E"

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Quinta letra do alfabeto galego, denominada e.

    2. Grafía que representa o fonema vocálico anterior ou palatal medio aberto /ɛ/ ou medio pechado /e/.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica o enlace de dous ou máis termos ou cláusulas dun mesmo nivel que se unen por adición.

    2. Indica valores contextuais próximos ao adversativo, consecutivo, condicional, causal ou outro. OBS: Pode ir reforzada coa partícula mais formando a locución conxuntiva e mais co mesmo significado.

    3. Indica énfase cando vai ao comezo dunha frase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número irracional e transcendente definido por

    FORMULA


    Os primeiros coeficientes da súa expresión decimal ilimitada son e=2,7182818284590...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da forza electromotriz, utilizado para valores instantáneos cando esta varía co tempo.

    2. Símbolo do electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da forza electromotriz, utilizado especialmente en corrente continua ou para valores eficaces de corrente alterna.

    2. Símbolo da intensidade do campo eléctrico.

    3. Símbolo da iluminación.

    4. Símbolo do punto cardinal leste na nomenclatura científica internacional.

    5. Quinto elemento da notación alfabética en letras latinas, utilizada nos países xermanófonos e anglófonos, que corresponde a mi.

    VER O DETALLE DO TERMO