"Consol"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Quizais quixeches dicir

    1. Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.

    2. Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema operativo.

    3. Panel en que están dispostos os mandos de control dunha instalación ou dun aparato.

    4. Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.

      1. Parte superior da arpa onde están as caravillas.

      2. Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.

    5. Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser consolado.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Definicións que inclúen a palabra que buscas

    1. Aplícase ao dente consolidado co alvéolo e que forma con el unha soa masa.

      1. Relativo ou pertencente aos acrodontes.

      2. Réptil do grupo dos acrodontes.

      3. Grupo de réptiles que presentan unha estrutura dentaria de tipo acrodonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aglomerar. 

    2. Resultado dunha aglomeración.

      1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

      2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

      1. Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.

      2. Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

      3. Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio, sodio e potasio, do grupo dos feldespatos, que cristaliza no sistema triclínico en cristais incoloros ou brancos e é estable a altas temperaturas. Localízase en rochas volcánicas que se consolidaron lentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios