Amosando 2 resultados de 2.
Territorio ocupado e sometido, xunto coa súa poboación, por outro pobo ou estado, co fin de iniciar un proceso de explotación dos seus recursos.
Conxunto de persoas que van dun territorio a outro para se establecer nel.
Lugar onde se establece este conxunto de persoas.
Conxunto de individuos que pertencen a unha mesma especie e que están anatomicamente unidos para formar unha individualidade de orde superior.
Conxunto de animais da mesma especie que fan vida en común.
Agrupación de bacterias que se orixina pola reprodución dunha bacteria illada nun medio de cultivo.
Poboación vexetal situada pouco ou moi lonxe da área principal das especies que a compoñen.
Conxunto de actividades formativas ao aire libre como complemento da actividade escolar.
Conxunto de instalacións industriais separado dos núcleos de poboación.
auga de colonia.