"Cichorium"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Definicións que inclúen a palabra que buscas

  • Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, que presenta follas basais pecioladas, lanceoladas e pinnatífidas, e as do talo enteiras e amplexicaules. Emprégase como sucedáneo do café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, que presenta raíz de gran tamaño, follas dispostas nunha roseta basal da que sobresae un talo florífero, de capítulos sésiles, localizados en posición axilar, solitarios ou en fascículos, con flores liguladas azuis e froitos en aquenios grosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, da familia das brasicáceas, de raíz de gran tamaño, que presenta follas anchas e rizadas cunha nervadura central branca e dispostas nunha roseta basal, da que sobresae un talo florífero, de capítulos sésiles, situados en posición axilar, solitarios ou en fascículos. Ten un sabor lixeiramente amargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios