"Castel"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Quizais quixeches dicir

  • Persoa que vive e goberna un castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou expresión propia do castelán usada noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Definicións que inclúen a palabra que buscas

  • Pago en metálico co que o rei retribuía aos vasalos os servizos militares prestados na Castela medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. adiantar.

    2. Que se anticipa, que vai por diante nun movemento ou no transcurso do tempo.

    3. Que está a rematar unha actividade iniciada hai tempo.

      1. Funcionario real que na Baixa Idade Media exercía a máxima autoridade nun distrito fronteirizo ou adiantamento do Reino de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.

    2. Partidario de Afonso XII e do afonsismo.

    3. Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.

    4. Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.

    5. Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e  paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis