Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.
Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.
Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.
Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.
Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.
Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.
Cangrexo anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.
Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.
Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.