"Calama"
Non se atoparon resultados para a túa busca.
Quizais quixeches dicir
-
-
-
Molusco mariño da clase dos cefalópodos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan.
-
pota.
-
Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos ommatostrécidos, de ata 15 m de lonxitude que vive a profundidades de ata 1.000 m.
-
Molusco cefalópodo dibranquio que comprende diversas especies mariñas, litorais e peláxicas, de corpo alongado cunha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal, dúas aletas triangulares situadas a cada lado do corpo e que chegan ata a metade do manto.
-
-
Moco que pinga do nariz.
-
Definicións que inclúen a palabra que buscas
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
ertebrado do grupo dos peixes.
-
Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.
-
Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.
-
Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.
-
Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.
-
Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.
-
Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.
-
Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.
-
Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.
-
...
-