"Cal"

Amosando 4 resultados de 4.

  • Símbolo de caloría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de calcio impuro, que se emprega na construción, para depurar augas duras e como material refractario no recubrimento de fornos de alta temperatura. OBS: Tamén se denomina cal anhidro ou cal vivo.

    2. Pedra calcaria calcinada con propiedades semellantes ás do cemento.

    3. Hidróxido de calcio comercial, que se emprega na industria química, na construción e como funxicida e fertilizante. Mesturado con area ou pedra moída constitúe a argamasa.

    4. Mestura dos hidróxidos de calcio e de sodio que se emprega na industria e nos laboratorios pola súa propiedade para absorber o dióxido de carbono.

    5. Hidrato do sal dobre de hipoclorito e cloruro de calcio, que se emprega como oxidante, branqueador e desinfectante. OBS: Tamén se denomina pos de gas ou de branqueado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canalización artificial pola que corre a auga.

    2. Parte profunda do suco que fai o arado na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pregunta pola identificación de algo ou alguén de entre todos os que hai.

    2. Introduce, precedido do artigo determinado, unha oración que representa o substantivo a que se refire.

    VER O DETALLE DO TERMO