"Cacho"

Amosando 4 resultados de 4.

    1. Porción ou parte pequena dalgunha cousa.

    2. Período breve de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente redondo de boca ancha.

    2. Recipiente con buracos en forma de media esfera usado para asar castañas.

    3. Casca externa dos crustáceos que recobre o cefalotórax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de bagos de uva unidos por un pedúnculo común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos ciprínidos, de agua doce de cor castaña verdosa no dorso, máis clara nos laterais e na rexión ventral, e con escamas grandes e negras na marxe. Aliméntase principalmente de invertebrados de auga doce, e está presente en augas de pouca corrente de toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO