Peza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.
Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.
Mostrador no seu conxunto.
Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.
Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.
Aparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.
Pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.
Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.