"BG"

Non se atoparon resultados para a túa busca.

Quizais quixeches dicir

Ver máis

Definicións que inclúen a palabra que buscas

    1. Teorema segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. OBS: Tamén se denomina lei débil dos números grandes.

    2. Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado

    3. Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:


      FORMULA

                                                      
                                         ?? s A.dS = ??? v divA dV

      O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S.

    4. Teorema que se basea no teorema da calor que constitúe o terceiro principio da termodinámica: ao cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.

    5. Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta denominada recta de Pascal.

    6. Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado que ten por lado a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos.

    7. Teorema segundo o que se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado

    8. Teorema que establece que se tres rectas r, r e r que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S nos puntos A, A e A en S, e nos puntos B, B e B en S), cúmprense as seguintes relacións:






                                       OA___           OA___          OA’’_____
                                    ______ = ______ = ______ ;
                                       AB___          A’B’____         A’’B’’_____

                                       OA___           OB___        
                                    ______ = ______ .
                                       AA       ___           BB’____

    9. Teorema segundo o que se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, vén dado pola fórmula:









                    f(x)=f(a)+f’(a)(x-a)+  1__ 2! f’’(a)(x-a)2+...

                             ... +  1__n! f (n) (a)(x-a) n +R n + 1 a(x)
      onde R n (x) se coñece como resto.

    10. Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.

      2. Individuo do grupo humano alpino.

      3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

    4. Ciclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.

    5. Estilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.

    6. Piso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza anatólida.

    2. Individuo da raza anatólida.

    3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se considera como a variante oriental do grupo humano dinárico ou dinárico-anatólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
Ver máis

Outros repositorios