"B"

Amosando 3 resultados de 3.

  • Segunda letra do alfabeto galego, denominada be.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo do barn.

    2. Abreviatura da baria, unidade de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.

    2. Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.

    3. Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.

    4. Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.

    5. Símbolo do bel.

    6. Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.

    7. Símbolo do boro.

    8. Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.

    9. Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.

    VER O DETALLE DO TERMO