Apéndice cefálico articulado, propio dos artrópodos mandibulados e dos onicóforos, que presenta función sensitiva.
Dispositivo utilizado nas técnicas de telecomunicación para a captación ou a produción de ondas electromagnéticas.
Antena formada por unha superficie condutora en forma de casco paraboloide; nun dos focos desta están situados o transmisor e o receptor. Emprégase para diversas formas de comunicación.
Pau groso e longo plantado na terra verticalmente e cunha polea no seu extremo, que se emprega para izar elementos construtivos.
Pau groso plantado verticalmente que sostén un toldo.
ara longa que se fixa oblicuamente á árbore ou ao bordo da vela latina e que serve para izala e suspendela.
Todo pau fixo e en posición vertical, onde se iza unha bandeira ou calquera outro distintivo.