agrario -ria

agrario -ria
Plural: agrarios Masculino: agrario Masculino plural: agrarios Feminino: agraria Feminino plural: agrarias
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao agro.

  2. leis agrarias [HIST/DER ]

    Leis que na época romana rexían a repartición do ager publicus.

  3. reforma agraria [HIST ]

    Conxunto de medidas políticas e económicas destinadas a estimular o desenvolvemento agrario.

  4. reforma agraria técnica [POLÍT ]

    Política agraria que desenvolve un conxunto de innovacións nas explotacións sen abordar transformacións na estrutura da propiedade.

  5. sistema agrario [ECON ]

    Conxunto coordinado de traballos e de técnicas de produción empregadas para obter os mellores rendementos posibles do solo.