Digalego - Dicionario de Galego

  baleiro -ra

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 adx Que non ten contido, interese ou fundamento.

   2 adx Que non ten xente.

   3 adx Que non ten o seu espazo ocupado.

   4 m Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou cousa.

   5 m Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.

   6 m CONSTR Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espazos entre columnas) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción.

   7 m FILOS Espazo desprovisto de materia.

   8 m FÍS Concepto límite, segundo a física clásica, dun espazo desprovisto totalmente de materia, en que se propagan os campos.

   9 m TECNOL Rexión do espazo en que a presión atmosférica foi reducida para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espazo pechado.

   10 conxunto baleiro MAT Conxunto que non contén ningún elemento.

   11 son baleiro LING Fonemas que, segundo Nikolaj Sergejevic Trubeckoj, forman unha oposición equipolente cos fonemas planos, baseada nunha impresión acústica de vacuidade nas cavidades supraglóticas fronte a unha planicie das mesmas cavidades.
Barra colores