Digalego - Dicionario de Galego

  reiseñor

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< occit antigo rossinhol

   1 s m ANIMAL/ORNIT Paseriforme de pequeno tamaño, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe de cores pardas e arrubiadas.

   2 reiseñor común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos túrdidos, coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara e o anel ocular branco, que vive en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos.

   3 reiseñor da auga ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos sílvidos, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral branca, o peteiro fino e unha mancha linear máis clara enriba do ollo, que vive en bosques preto de zonas acuosas alimentándose de insectos e sementes.

SIN: rousinol
Barra colores