Digalego - Dicionario de Galego

  porco -ca

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat porcu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: porco -ca Escoitar a palabra polos altofalantes cast: cerdo -da, puerco -ca Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: pig Escoitar a palabra polos altofalantes fran: cochon Italiano ital: maiale Chinés chin: 猪 Alemán alem: Schwein

   1
   1 s ANIMAL Mamífero doméstico, da familia dos súidos, que presenta orellas grandes e caídas, fociño chato con dúas grandes aberturas nasais, pel pouco recuberta de pelo cunha cor entre rosada, negra, amarela ou con manchas, patas curtas e pezuños de dúas dedas.
   2 s m Carne deste animal.

   2 adx Que presenta falta de limpeza.

   3 adx Que é obsceno.

   4 adx Que presenta un comportamento desprezable.

   5 porco bravo ANIMAL Imaxe xabaril.

   6 porco espiño ANIMAL Mamífero, da orde dos roedores, que presenta longas espiñas branquinegras nas costas, fociño chato e cor negra.

   7 porco formigueiro ANIMAL Mamífero da orde dos tubulidentados, co fociño parecido ao do porco e longa cola, que se alimenta de termites e formigas.

   8 porco teixo ANIMAL Imaxe teixugo.

SIN: 3 cocho, marrán, marrancho


REFRÁNS


  • A porca de maio vale máis non comezos que no cabo.
  • Ben boa vida pasa o porco, e mais dorme no cortello.
  • Comerciante e porco, despois de morto.
  • Día de santo Tomé ó porco polo pe.
  • O porco no agosto pon o entrecosto.
  • O que non mata porco non dá morcilla nin entrecosto.
  • O que non mata un porquiño non ten lacón nin touciño.
  • Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
  • Polo san Tomé, agarra o porco polo pe.
  • Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro.
  • Porco fiado ronca todo o ano.
  • Porco fiado, inverno e verán malo.
  • Quen soilo ten un porco faino gordo.
  • . Se non matas porco,:non terás entrecosto.
  • Tarde ou cedo van os porcos ó cortello.
  • Teña eu porcos, anque non teña ollos.
  • Un porco é unha botica.
  • Carne de porco touciño é.
  • Comerás do porco e mudarás de acordo.
  • Comerás do porco e xa verás como mudas de acordo.
  • Entrecostos e soás son honra das mesas e ósos para os cáns.
  • Non ten entrecosto o que non mata porco.
  • ¡Alegría, alegrote: que anda o rabo do porco no pote!
  • Polo san Andrés colle o porco pes.
  • Polo san Andrés mata o teu porco como é.
  • Polo san Andrés mata o teu porco como o tes.
  • Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa _ cuba / as túas cubas.
  • Polo san Tomé colle o porco polo pe.
  • Polo san Tomé dálle ó porco polo pe.
  • Por san Andrés agarra o porco polos pes e, se non o queres matar, déixao para Navidá.
  • Abo porco, boa landra.
  • Á porca parida non lle deas fariña.
  • Ceba o porco dende agosto, se queres que estea gordo.
  • Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo.,
  • Ceba o teu porco polo agosto, se queres ter bo porco.
  • Dálle ó porco do caldeiro e non do Ribeiro.
  • O porco débelo manter, se ti o has comer.
  • Ó porco dálle de comer, se o has de manter.
  • Ó porco, manteno e non lle cónte-Io tempo.
  • Porco que está sen cebar non se debe matar.
  • Porco que se está cebando, non hai san Antón que poida gardalo.
Barra colores