Digalego - Dicionario de Galego

  parrulo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos anátidos, de tamaño medio e voo rápido, cuxas femias, a diferenza dos machos, presentan cores pardas.

   2 ANIMAL/ORNIT
   1 s m Ave da familia dos anátidos que se mergullan totalmente á hora de alimentarse.
   2 parrulo caribranco [Aythya marila] Parrulo que se caracteriza porque o macho presenta a cabeza, o pescozo e o rabo negros, o peteiro azulado e as costas e o dorso escuros, e a femia unha mancha arredor do peteiro parda e o ventre claro.
   3 parrulo chupón [Aythya ferina] Parrulo que se caracteriza por ser o macho de cor gris clara, coa cabeza vermella e o pescozo e a cola negros, e a femia ter unha mancha branca arredor do peteiro e outra que rodea os ollos.
   4 parrulo cristado común [Aythya fuligula] Parrulo que se caracteriza por presentar o macho a parte ventral e os lados brancos e o resto negro, e na cabeza unha crista cara a atrás, e a femia unha crista máis curta.
Barra colores